Entrevistado por
Gonzalo Lozano
Gonzalo Lozano
Gonzalo Lozano, do que xa che falei nestoutra publicación lanzou un novo Podcast co que volveu querer contar comigo.
Eu pensaba que iamos falar dalgunha experiencia formativa, dalgún tema do tipo sensores, dalgunha técnica fotográfica ou... que sei eu? calquera cousa desas das que me gusta tanto parolar cando engancho cunha cháchara desas sobre fotografía.
Pero desta volta, Gonzalo tíñame preparada unha sorpresiña. Quería saber algo máis sobre min, sobre o meu xeito de ver a Fotografía, de coma é que a sinto, coñecer máis ao que está detrás do visor da cámara que ao que acontece diante.
Así que deixovos ca entrevista que me fixo e que recoméndoche visitar desde a súa propia web e; por suposto, non sen antes terche lembrado un par de cousiñas:
Apoia o seu Podcast a través do botón que hai na súa Web e así estarás poñendo en valor o seu traballo. Costarache tanto coma convidalo a un café, que ben merecido o ten!
Ségueo e suscríbete ao Podcast de Gonzalo en calquera das plataformas de Podcasting e tamén na súa canle de YouTube, sen esquecer dárlle á campá para non perderte ningún novo episodio.
E agora, se me fixeche caso, chegou o intre de pasar pola Web de Gonzalo para escoitar ou ver a entrevista que mantivemos onde a naturalidade e a falta de guión deixa algún que outro gazapiño. A ver se és quen de atopalo e cóntasmo logo por correo-e ou mesmo na propia canle de Telegram ou en calquera das nosas redes sociais (tes as ligazóns no pé desta mesma páxina web).
Graciñas, Gonzalo! E grazas a ti tamén polo teu tempo e por estar dese lado.