No limiar entre o día e a noite onde os soños mestúranse coa realidade, aparece un dos intres no cal atopo a inspiración máis sublime, capturando a esencia fugaz da esplendorosa luz.
Ai, hora dourada!
intre máxico antes do lusquefusque
no que teces un manto de luz sobre a terra
que convertes para min en inspiración.
Suave e cálida
envolves todo o que tocas,
creas alongadas sombras
que semellan soños
e danzan ca luz
esculpindo figuras etéreas
que desafían a imaxinación.
Cada raiola de sol
cada reflexo
é unha nota nunha sinfonía
que inspira o pensamento fotográfico
e convídame a captar o intanxíbel
e atopar a beleza no efémero.
E é neses momentos
entre día e noite
onde a realidade e soño
se me funden nesa sinfonía
desta vez de cores e formas
nos que atopo a miña musa
inmortalizando a mesencia mesma da luz.