Temos dúas vidas e a segunda comeza xusto cando cobras consciencia de que só existe unha
Temos dúas vidas e a segunda comeza xusto cando cobras consciencia de que só existe unha
Foto: Patty Inostroza, 2023
Nacín en Santiago de Compostela no ano 1973 e comecei na fotografía ca emulsión nun mundo analóxico onde os flashes estoupaban con fogonazos de magnesio. Lembro mercar cubiños de plástico que moitos hoxe confundirían e colocarían dentro do vaso do cubata.
Gústame practicar unha fotografía directa e trato de ollar ca curiosidade dun neno tratando de desfacerme de calquera experiencia boa ou mala que puidese influír no resultado final a pesar de que a fotografía é a fin de contas moi subxectiva e autobiográfica por moito que un non o pretenda.
Sen as técnicas aprendidas non tivese chegado aos resultados que busco; pero só ca técnica tampouco
Foto: Patty Inostroza, 2022
Fotografío na rúa todo aquelo que chama a miña atención, polo xeral preto da miña casa. As imperfeccións das contornas urbanas fánseme fermosas e Memoriam Urbis non é outra cousa máis cun compendio deses desvaríos mentais meus.
Para contactarme tes varios métodos cuxas ligazóns atoparás en todo momento no pé de páxina desta web. As redes sociais adoitan ser moi directas pero tampouco son moi serias. Eu recoméndoche sempre usar o correo electrónico, é moito máis serio. Ademáis, os datos a través dese método quedarán custodiados por min e usaranse unicamente para responder a túa consulta, mentres que a través das redes sociais o control de datos será o que aceptamos os usuarios (eu mesmo incluído) no mesmo intre en que instalamos as súas ferramentas.
Polo tanto, eu recoméndoche o uso do correo electrónico para comunicarte por escrito cando quixeras comentarme algo ou solventar algunha dúbida. Unha vez o uses, recoméndoche estar atento a túa bandexa de spam por se a resposta te chegase a ela.
Quedo a túa enteira disposición e moi agradecido de que me teñas en conta para calquera cousa que se che ocorra en canto á fotografía se referise.
Deixémonos xa de tonterías. A diferenza entre unha imaxe e unha fotografía é o soporte. O que aquí estás a ver son imaxes, cando as podes coller, palpar cheirar, dobrar, morder... cando xa están escritas sobre algo... entón xa son fotografías, antes non! Polo tanto, o sensor dixital e a película de emulsión non son rivais, só a cabeza de quen os manexa. As pelexas entre o mundo analóxico e dixital son cousas moi humanas, dignas dunha intelixencia moi orgánica e visceral, e niso si que nos gaña sen dúbida a artificial.