Search this site
Embedded Files
Memoriam Urbis
  • Series
    • Dimensiones cruzadas
    • Oro Antiguo
    • Visiones místicas
    • Lazos de cuidado
    • Fado
    • Caminos de libertad
    • Redes
    • Supervivencia
  • Blog
    • La legislación española aplicada a la fotografía urbana
    • El Camino infinito de Andoni Moreta
    • Entrevistado por Gonzalo Lozano
    • Hablando sobre formación con Gonzalo Lozano
  • Latidos Urbanos
  • Portafolios
  • Sobre mi
    • Contacto
    • Aviso Legal
    • Política de Cookies
    • Política de Privacidad
Memoriam Urbis
  • Series
    • Dimensiones cruzadas
    • Oro Antiguo
    • Visiones místicas
    • Lazos de cuidado
    • Fado
    • Caminos de libertad
    • Redes
    • Supervivencia
  • Blog
    • La legislación española aplicada a la fotografía urbana
    • El Camino infinito de Andoni Moreta
    • Entrevistado por Gonzalo Lozano
    • Hablando sobre formación con Gonzalo Lozano
  • Latidos Urbanos
  • Portafolios
  • Sobre mi
    • Contacto
    • Aviso Legal
    • Política de Cookies
    • Política de Privacidad
  • More
    • Series
      • Dimensiones cruzadas
      • Oro Antiguo
      • Visiones místicas
      • Lazos de cuidado
      • Fado
      • Caminos de libertad
      • Redes
      • Supervivencia
    • Blog
      • La legislación española aplicada a la fotografía urbana
      • El Camino infinito de Andoni Moreta
      • Entrevistado por Gonzalo Lozano
      • Hablando sobre formación con Gonzalo Lozano
    • Latidos Urbanos
    • Portafolios
    • Sobre mi
      • Contacto
      • Aviso Legal
      • Política de Cookies
      • Política de Privacidad
versión español

Temos dúas vidas e a segunda comeza xusto cando tomas consciencia de que somentes existe unha.

Foto: Patty Inostroza, 2023

Nacín en Santiago de Compostela no ano 1973 e comecei na fotografía ca emulsión nun mundo analóxico onde os flashes estoupaban con fogonazos de magnesio. Lembro mercar cubiños de plástico que hoxe moitos confundirían e meterían dentro do vaso do cubata.

Gústame practicar unha fotografía directa e trato de ollar coa curiosidade dun meniño tratando de desfacerme de calquera experiencia boa ou mala que puidera influír no resultado final a pesar de que a fotografía é a fin de contas moi subxectiva e autobiográfica por moito que un non o pretenda.

Sen as técnicas aprendidas non chegaría xamais aos resultados que busco; pero só ca técnica tampouco!

Foto: Patty Inostroza, 2022

Fotografío na rúa todo aquelo que chama a miña atención, polo xeral preto da miña casa. As imperfeccións das contornas urbanas fánseme fermosas e Memoriam Urbis non é outra cousa máis ca un compendio das miñas desataduras.

Para contactarme tes varios métodos cuxas ligazóns atoparás en todo momento no pé de páxina deste sitio. As redes sociais adoitan ser moi directas pero tampouco é que sexan moi serias que digamos. Eu recoméndoche sempre usar o correo electrónico, tómomo moito máis en serio. Ademais, os datos a través dese método quedarán custodiados por min e usaranse unicamente para respostar a túa consulta mentres que a través das redes sociais, o control dos datos será aquel que aceptemos os usuarios (eu mesmo incluído) no mesmo intre no que instalamos as súas ferramentas.

Polo tanto, recoméndoche o uso do correo electrónico para comunicarte por escrito cando desexes contarme algo ou solventar calquera dúbida. Unha vez o empregues, deberías ficar atento á túa bandexa de correo lixo por se a resposta te chegase nela.

Quedo ao teu completo dispór e moi agradecido de que me teñas en conta para calquera cousa que se che ocorra en canto a fotografía se refira.

info@memoriamurbis.com

Deixémonos de parvadas. A diferenza entre unha imaxe e unha fotografía é o soporte. O que aquí estás a ver son imaxes, cando as poidas coller, palpar, cheirar, dobrar, roer... cando xa estean escritas sobre algo... entón serán xa fotografías; antes non!

Polo tanto, o sensor dixital e a película de emulsión non son rivais, só a cabeza de quen os manexa. As pelexas entre o mundo analóxico e o dixital son cousas moi humanas e (non nos levemos a engano) sobre todo comerciais (pois hai que vender consumíbeis), dignas dunha intelixencia moi orgánica e visceral; e niso si que gáñannos sen dúbida as intelixencias artificiais.

FacebookInstagramLinkLinkTwitterEmail
©️ ANXO DAFONTE, 2025
Google Sites
Report abuse
Page details
Page updated
Google Sites
Report abuse